COMO PARTICIPAR?

Dende o Concello queremos contar coas cabezas e os pés de todas as persoas. O cambio cara a unha mobilidade sostible necesita novos hábitos e maneiras de facer e pensar que só son posibles coa implicación de grupos e persoas diferentes. Por iso, a elaboración do Plan de Mobilidade Sostible de Vilagarcía de Arousa e a actividade da Mesa da Mobilidade baséanse na participación activa de veciñas e veciños, asociacións, empresas, equipos técnicos e responsables municipais.

O proceso VELAÍVAI! está aberto ás achegas e a experiencia de calquera persoa interesada, buscando incluír visións diversas e facilitar a comprensión e apropiación dos cambios pola poboación.

Que podo facer?

  • Vir a encontros abertos como paseos, talleres e debates.
  • Escribir ao e-mail velaivai@vilagarcia.gal.
  • Compartir nas redes sociais: #velaivai!
  • Responder á enquisa sobre mobilidade cotiá.

En que consiste a Mesa da Mobilidade Sostible de Vilagarcía de Arousa?

En 2022 bota a andar a Mesa da Mobilidade, contando con diversos axentes sociais, económicos, técnicos e institucionais para debater, propoñer e impulsar iniciativas ao redor da mobilidade en Vilagarcía de Arousa.

A Mesa da Mobilidade segue un proceso autónomo e máis amplo que o da redacción do Plan de Mobilidade, pero a súa achega durante a redacción do Plan será fundamental para profundar, validar e participar no desenvolvemento posterior.