QUE É UN PMUS?
Un Plan de Movilidad Urbana Sostible (PMUS) é unha ferramenta para planificar e xestionar a mobilidade nun territorio desde criterios de sustentabilidade.
Existe un marco europeo, nacional e autonómico que impulsa a redacción de PMUS por parte dos municipios, coa intención de fomentar os modos máis respectuosos co medio ambiente (a pé, en bicicleta, transporte público) e reducir o uso do coche e outros vehículos privados motorizados.
Para ter éxito e ser útil ao cambio de modelo de mobilidade, o PMUS de Vilagarcía de Arousa require:
- Consenso e liderado político e social.
- Carácter integrado, considerando todas as maneiras de desprazarse.
- Carácter transversal, coordinado entre diferentes departamentos e áreas municipais.
- Enfoque participativo, coa implicación de axentes sociais.
Como é o Plan de Mobilidade de Vilagarcía de Arousa?
Cando se desenvolve o PMUS?
Organización e arranque
Traballo de campo e análise
Diagnóstico
Marco estratéxico e obxectivos
Plan de acción
Plan de seguimento e avaliación
Presentación do Plan
Desenvolvemento e implantación das medidas
En paralelo aos traballos técnicos do Plan de Mobilidade, están a desenvolverse outras actividades e traballos como parte do proceso VELAÍVAI! Cabe destacar a creación dunha Mesa da Mobilidade Sostible, ou os eventos de participación cidadá e accións de comunicación, que terán continuidade máis aló do Plan.
Queres saber máis?
Aquí atoparás todos os documentos relacionados coa planificación da mobilidade en Vilagarcía de Arousa.
PMUS: documento de diagnóstico – PDF (proximamente)
PMUS: documento de plan de acción – PDF (proximamente)
PMUS: documento de síntese – PDF (proximamente)