QUE É VELAÍVAI!?
VELAÍVAI é un proceso para seguir transformando o modelo de mobilidade do municipio, contando con veciños e veciñas, axentes económicos, equipos técnicos e as institucións públicas. Ti tamén podes mellorar a mobilidade!
Que queremos conseguir?
- Impulsar a mobilidade a pé, en bicicleta e en transporte público.
- Reducir a dependencia do coche.
- Facer as rúas accesibles e cómodas para todas as persoas.
- Adaptar os espazos de estancia para que sexan máis amables e atractivos.
- Acougar o tráfico e mellorar a seguridade viaria.
- Reducir a contaminación do aire e o ruído.
- Evitar a emisión de gases de efecto invernadoiro.
- Aumentar a autonomía da infancia e a adolescencia.
Noticias
O concello anima aos vilagarciáns a participar na enquisa sobre a mobilidade no municipio
No proceso de escoita e participación cidadá para a elaboración do Plan de Mobilidade Urbana e Sostible (PMUS), o concello ten aberta unha enquisa na que os cidadáns poden valorar
O 60% dos desprazamentos na cidade non sobrepasan os 5 kms e só o 34% se realizan andando
Dos case 60 asistentes que onte participaron na constitución da Mesa da Mobilidade, so dez acudiron ao centro sociocultural de Vilaxoán andando. Ninguén o fixo e transporte público e o
O concello abre o proceso de participación cidadá do PMUS coa constitución da mesa da mobilidade Velaívai!
Dentro dos traballos previstos para a realización do Plan de Mobilidade Urbana e Sostible (PMUS), o concello vén de convocar para o vindeiro luns, a partir das 7 da tarde,
A firma Grupo de Estudios y Alternativas 21 redactará o plan de mobilidade urbana e sostible de vilagarcía (2022-2030)
A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar os traballos de redacción do Plan de Mobilidade Urbana e Sostible do Concello de Vilagarcía á firma Grupo de Estudios y Alternativas